- TP
- Estrea
El Castillo en el Cielo
Sheeta é a única persoa no mundo que coñece o segredo da cidade flotante, resultado dunha civilización ao parecer extinguida.
Sheeta é a única persoa no mundo que coñece o segredo da cidade flotante, resultado dunha civilización ao parecer extinguida.
Aos seus 18 anos, Claudia non que ser a heroína da súa familia. A doenza da súa nai irrompe na súa casa como unha treboada silenciosa. Porén, Claudia só quere vivir como calquera persoa da súa idade. Entre o deber familair e o desexo de explotar a súa xuventude, Claudia terá que elixir como amar sen renunciar a si mesma.
Lucija, unha moza introvertida de 16 anos, únese ao coro feminino do seu colexio católico, onte entabla amizade con Ana-Marija, unha alumna popular e segura de si mesma. Durante un retiro de fin de semana nun convento rural, o interese de Lucija por un atractivo obreiro de ollos escuros porá a proba a súa amizade con Ana-Marija e as demais rapazas.
Maxine é unha cineasta estadounidense que se embarca nunha viaxe de vida ou morte cando chega a París para a Semana da Moda. Alí a súa vida chocará coa doutras dúas mulleres que soñan con cambiar de vida.
Jose Antonio ten 89 anos e está a perder a memoria, pero resístese a depender dos demais e deixar de facer o que leva toda unha vida facendo. Aínda que a súa familia llo prohibe, convence ao seu amigo Mindo, ao que hai anos que non ve, para saír a pescar na barca.
Sergio viaxa a África Occidental para traballar como enxeñeiro na construción dunha estrada que unirá o deserto e a selva. Alí entabla unha relación con dous habitantes da cidade, Diara e Gui. Pronto descobre que outro enxeñeiro ao que lle tiñan asignado a mesma misión, desapareceu misteriosamente.