- +12
- Estrea
Ídolos
Edu é un novo piloto de motos moi agresivo en quen ningún equipo confía. Eli, xefe do equipo de Aspar Team en moto2, ofrécelle unha oportunidade coa condición de que sexa o seu pai, Antonio Belardi, quen lle adestre.
Edu é un novo piloto de motos moi agresivo en quen ningún equipo confía. Eli, xefe do equipo de Aspar Team en moto2, ofrécelle unha oportunidade coa condición de que sexa o seu pai, Antonio Belardi, quen lle adestre.
Combinando animación 3D e stop-motion, a nova adaptación do texto de Saint-Exupéry narra a historia dun piloto que se perde no medio do deserto do Sahara, tras sufrir o seu avión unha avaría.
Dous anos despois do tráxico naufraxio dun barco pesqueiro que sacudiu a unha pequena vila mariñeira galega, algúns membros da rondalla, deciden que xa é hora de recuperar a ilusión e deixar o loito atrás.
Narra a historia de Agnes, a muller de William Shakespeare, na súa loita por superar a perda do seu único fillo, Hamnet. Unha historia humana e esgarradora como pano de fondo para a creación da obra de Shakespeare, "Hamlet".
Biopic de Marty Reisman, un buscavidas convertido en campión de tenis de mesa, desde que comezou a xogar por apostas en Manhattan até gañar vinte e dous títulos importantes e chegar a ser o máis veterano en gañar unha competición nacional de deportes de raqueta, con 67 anos.
Unha nai solteira e as súas dúas fillas regresan a Taipei tras varios anos vivindo no campo para abrir un posto nun rebuldeiro mercado nocturno. Cada unha ao seu xeito, terán que se adaptar a esta nova contorna para chegar a fin de mes e conseguir manter a unidade familiar.