
- +12
- Estrea
Tres amigas
Joan xa non está namorada de Victor e sofre por non estar a ser honesta con el. Alicia, a súa mellor amiga, consólaa asegurándolle que ela mesma non sente paixón pola súa parella Eric e que iso non impide que a súa relación vaia vento en popa. Mentres, Rebecca, a terceira amiga, que cre no amor como unha aventura, mantén unha relación co compañeiro de Alicia, algo que ela ignora.