Programación

Calendario

    • +12
    • Estrea

    Los domingos

    Alauda Ruiz de Azúa

    Ainara (Blanca Soroa), unha moza idealista e brillante de 17 anos, debe decidir que carreira universitaria vai estudar. Ou, cando menos, iso agarda a súa familia que faga. Porén, a moza manifesta que se sente cada vez máis preto de Deus e que está pensando abrazar a vida de monxa de clausura. A noticia colle de por sorpresa a toda a familia provocando un abismo e unha proba de fogo para todos.

    • +12
    • Estrea

    Recién nacidas

    Jean-Pierre Dardenne, Luc Dardenne

    Jessica, Perla, Julie, Ariane e Naïma viven nun refuxio para nais novas. Son cinco adolescentes que se criaron en circunstancias difíciles e loitan por construír unha vida mellor para elas e os seus fillos.

    • +12
    • Estrea

    The Mastermind

    Kelly Reichardt

    1970. Nun tranquilo recuncho de Massachusetts, JB Mooney (Josh O'Connor), un carpinteiro en paro, convértese nun ladrón de arte e organiza un audaz atraco. Mooney e dous cómplices entran nun museo a plena luz do día e rouban catro cadros. Pero conservar as obras resultará máis difícil que roubalas e Mooney verase obrigado a vivir como un fuxitivo. 

    • +16
    • Estrea

    Decorado

    Alberto Vázquez

    Arnold é un rato de mediana idade atrapado nunha crise existencial. O seu matrimonio vénse abaixo, a súa vida parécelle absurda e empeza a sospeitar que todo é unha gran farsa. Cando o seu mellor amigo morre en circunstancias sospeitosas, Arnold decátase de que algo non encaixa.

    • Estrea

    San Simón

    Miguel A. Delgado

    Outubro, 1936. O franquismo abre campos de concentración por todo o territorio. Empregan conventos, fábricas, escolas, prazas de touros, mosteiros... San Simón destaca pola súa insularidade. O réxime converte o antigo lazareto nun lugar de morte onde os prisioneiros sofren a represión rodeados dunha beleza abrumadora.

  • Aínda non está dispoñíbel a programación para este día.
    Lembra que publicamos a nosa axenda semanal cada xoves.