A pintura filmada: Van Gogh

A pintura filmada: Van Gogh

Maio de 1890. Vincent Van Gogh chega a Auvers-sur-Oise onde se instala na modesta pensión Ravoux. Alí traba amizade co Doutor Gachet, admirador da súa obra e coa súa filla Marguerite, coa que inicia unha relación de amizade e amor. Entregado á pintura, obsesionado con captar o fluír da natureza e retratar aos personaxes que vai coñecendo, bascula entre as súas estancias en casa do seu irmán Theo e os seus encontros coa prostituta Cathy. Apesarado por ser unha carga para o seu irmán e vendo como a súa obra non é recoñecida, temerá verse abocado a un novo ataque de tolemia e decidirá acabar con todo.

Exquisita aproximación á etapa final dun dos artistas máis importantes da era moderna e un home de complexa e atormentada personalidade. Dirixida con habilidade polo controvertido Maurice Pialat (Loulou, Aos nosos amores) e excelentemente protagonizada polo cantante e actor Jacques Dutronc (O importante é amar, Grazas polo chocolate), nunha grande interpretación do mestre do postimpresionismo.

  • Título orixinal: Van Gogh
  • Ano: 1991
  • Duración: 152 minutos
  • Idioma orixinal: Francés
  • Dirección: Maurice Pialat
  • Guión: Maruice Pialat
  • Elenco: Bernard Le Coq, Jacques Dutronc, Alexandra London, Corinne Bourdon, Gérard Séty
  • Distribuidora: A Contracorriente