Tres caras

Tres caras

A coñecida actriz Behnaz Jafari non pode resistir a chamada de auxilio dunha rapaza de provincias cuxa familia quere impedirlle que siga estudando no Conservatorio de Teherán. Behnaz decide abandonar a rodaxe e acode ao cineasta Jafar Panahi para resolver o misterio que esconden os problemas da rapaza. Desprázanse cara o noroeste do país, onde coñecen aos amables habitantes do pobo montañoso da nova actriz en cernes. Porén, os visitantes non tardan en descubrir que a tradición é tan poderosa como a hospitalidade...

Sesión en colaboración coa asociación Fuco Buxán.

  • Título orixinal: Se rokh
  • Ano: 2018
  • Duración: 100 minutos
  • Idioma orixinal: Farsi
  • Dirección: Jafar Panahi
  • Guión: Jafar Panahi, Nader Saeivar
  • Elenco: Jafar Panahi, Behnaz Jaffari, Maedeh Erteghaei, Narges Delaram, Marziyeh Rezaei
  • Fotografía: Amin Jaferi
  • Distribuidora: Golem Distribución
Festival de Cannes (2018): Mellor guión