Tres adioses

  • Estrea
Estrea 6 de febrero

Tres adioses

  • Estrea

Tras o que parecía unha discusión sen importancia, Marta (Alba Rohrwacher) e Antonio (Elio Germano) sepáranse. El, un chef prometedor, refúxiase nos seus fogóns; ela, no seu silencio, empeza a notar algo máis que tristeza: perdeu o apetito… e non só por desamor. Cando descobre que detrás hai un problema de saúde, todo dá un xiro inesperado: a comida sabe mellor, a música chégalle como nunca e o desexo esperta as súas ganas de vivir sen medo.

Unha historia sobre o amor, a vida e eses momentos que o cambian todo para sempre.

  • Título orixinal: Tre Ciotole
  • Ano: 2025
  • Duración: 122 minutos
  • Idioma orixinal: Italiano
  • Dirección: Isabel Coixet
  • Guión: Enrico Audenino, Isabel Coixet
  • Elenco: Alba Rohrwacher, Elio Germano, Francesco Carril, Silvia D’Amico, Galatea Bellugi y Sarita Choudhury
  • Produtora: Cattleya, Ruvido Produzioni, Bartlebyfilm, Buenapinta Media, Bteam Prods, Perdición Films, Apaches Entertainment , Tres Cuencos AIE
  • Distribuidora: BTeam
TIFF 2025 (Special Presentations), SEMINCI 2025 (sección oficial)