Trenque Lauquen

Trenque Lauquen

Unha muller desaparece. Dous homes saen na súa procura: ambos os dous a aman. Por que marchou? Cada un deles ten a súa propia sospeita e ocúltalla ao outro que —misteriosamente— nunca chega a ser o seu rival. Ningún ten razón, pero, alguén tena? Esa fuxida de súpeto revélase como a cerna secreta dunha serie de ficcións que o filme, sutilmente, se encarga de tecer: o segredo do corazón doutra muller, perdida tamén hai xa unha morea de anos; o segredo da vida dunha aldea sacudida por un acontecemento sobrenatural que ninguén semella percibir; o segredo da chaira, que non deixa de espallarse devorándoo todo, como as sombras que asolagan o mundo despois do solpor.

  • Título orixinal: Trenque Lauquen
  • Ano: 2022
  • Duración: 250 minutos
  • Idioma orixinal: Español
  • Dirección: Laura Citarella
  • Guión: Laura Citarella, Laura Paredes
  • Elenco: Laura Paredes, Ezequiel Pierri, Rafael Spregelburd
  • Montaxe: Miguel De Zuviría, Alejo Moguillansky
  • Vestiario: Flora Caligiuri
  • Son: Marcos Canosa
  • Música: Gabriel Chwojnik
  • Fotografía: Yarara Rodriguez
  • Produtora: El Pampero Cine, Grandfilm
  • Distribuidora: Vitrine Films
Venecia 2022 (candidata a Mellor Filme sección Orizzonti), SSIFF 2022, Mar de Plata (Mellor Filme Latinoamericano)