Touro Salvaxe

Touro Salvaxe

Robert De Niro forma equipa co director Martin Scorsese para crear unha imperecedoira obra mestra. Nomeada a oito Oscar®, entre eles o de mellor filme e mellor director, este clásico contemporáneo é "ambicioso, violento, poético e lírico" (The New York Times). De Niro interpreta a Jake La Motta, un boxeador cuxas complexidades psicolóxicas e sexuais desembocan en violencia tanto dentro como fóra do cuadrilátero. Joe Pesci e Cathy Moriarty son os coprotagonistas.

Restauración aprobada polo director Martin Scorsese, este novo máster creouse en resolución 4K nun escáner Lasergraphics Director a partires do negativo orixinal de cámara en 35 mm. A banda sonora orixinal en surround 2.0 remasterizouse a partires do soporte magnético de tres pistas en 35 mm.

  • Título orixinal: Raging Bull
  • Ano: 1980
  • Duración: 129 minutos
  • Idioma orixinal: Inglés
  • Dirección: Martin Scorsese
  • Guión: Paul Schrader e Mardik Martin (baseado no libro de Jake La Motta con Joseph Carter e Peter Savage)
  • Elenco: Robert De Niro (Jake La Motta), Joe Pesci (Joey), Cathy Moriarty (Vickie La Motta), Frank Vincent (Salvy), Nicholas Colasanto (Tommy Como), Theresa Saldana (Lenore), Mario Gallo (Mario), Frank Adonis (Patsy)
  • Montaxe: Thelma Schoonmaker
  • Son: Donald O. Mitchell, Bill Nicholson, David J. Kimball, Les Lazarowitz
  • Fotografía: Michael Chapman
  • Distribuidora: Lost & Found
Oscar 1980 (mellor actor principal, mellor montaxe)