John Cassavetes: Sombras (Shadows)

John Cassavetes: Sombras (Shadows)

Con este retrato dun amor interracial, rodado en branco e negro nas rúas de Nova York a ritmo de soul, o ata entón actor John Cassavetes deu o salto ao campo da dirección. Como protagonistas, o novo realizador contou coa colaboración dos estudantes da súa propia escola. Referente indispensable na historia do cinema independente estadounidense, a súa nova narrativa cinematográfica alcanzou o seu maior recoñecemento ao ser incorporada en 1993 como unha das películas protexidas polo Nacional Film Preservation Board de Estados Unidos.

Entrada gratuíta coa colaboración da Concellaría de Cultura de Ferrol.

Pódense recoller no despacho de billetes desde o venres anterior a cada sesión (venres 8). Máximo dúas por persoa.

  • Título orixinal: Shadows
  • Ano: 1959
  • Duración: 87 minutos
  • Idioma orixinal: Inglés
  • Dirección: John Cassavetes
  • Guión: John Cassavetes
  • Elenco: Lelia Goldoni, Ben Carruthers, Hugh Hurd, Anthony Ray, Rupert Crosse
  • Montaxe: John Cassavetes, Maurice McEndree
  • Son: Jay Crecco
  • Música: Charles Mingus
  • Fotografía: Erich Kollmar
  • Produtora: Lion International (Estados Unidos)
  • Distribuidora: Avalon
Venecia 1960 (Premio Pasinetti)