
San Simón
- Estrea
San Simón
- Estrea
Outubro, 1936. O franquismo abre campos de concentración por todo o territorio. Empregan conventos, fábricas, escolas, prazas de touros, mosteiros... San Simón destaca pola súa insularidade. O réxime converte o antigo lazareto nun lugar de morte onde os prisioneiros sofren a represión rodeados dunha beleza abrumadora. Sete anos despois, Lamas recorda a historia dos homes e as mulleres que, como el mesmo, sufriron a represión nesta pequena illa da costa galega.
Miguel Ángel Delgado debuta na longametraxe recuperando a memoria dos encarcerados na illa galega, nun fime que combina os actores profesionais coa participación de fillos e netos reais dos presos de San Simón. O traballo de montaxe correu a cargo do noso socio Marcos Flórez dentro do Laboratorio NUMAX, onde tamén se levou a cabo a coordinación de postprodución e masterización do filme así como o deseño dos títulos de crédito.
- Título orixinal: San Simón
- Ano: 2025
- Duración: 105 minutos
- Idioma orixinal: Galego
- Dirección: Miguel A. Delgado
- Guión: Miguel A. Delgado
- Elenco: Flako Estévez, Alexandro Bouzó, Guillermo Queiro, Ana Fontenla, Mª del Carmen Jorge, Manuel F. Landeiro, Lucía Amarelle, Javier Varela, Tatán, Darío Fernández, Andrés Giráldez
- Montaxe: Marcos Flórez (Laboratorio NUMAX)
- Dirección de arte: Inés Rodríguez
- Música: Fernando Buide
- Fotografía: Lucía C. Pan
- Produtora: San Simón la película AIE, Miramemira, Morelli Producciones, Bando à Parte
- Distribuidora: Baños Films



