Ratos e raposos. Unha amizade doutro mundo

Ratos e raposos. Unha amizade doutro mundo

Este filme está protagonizado por dous inimigos mortais, a ratiña Valentina e Víctor, o raposo. Despois de sufrir un desafortunado accidente, reencóntranse no ceo e fanse grandes amigos porque perderon o seu instinto natural. Gustaríalles poder seguir sendo amigos cando volvan á Terra, pero intercámbianse os papeis cando se reencarnan. Grazas ao poder da amizade conseguen algo que parecía imposible.

Ratos e raposos. Unha amizade doutro mundo fala sobre a esperanza e a valentía, sobre como eliminar prexuízos e un pasado doloroso. Esta película demostra que todo aquilo que parece un final pode ser o comezo doutra historia.

Entrada gratuíta a adquirir no despacho de billetes antes da proxección.

Co apoio da Concellaría de Cultura do Concello de Ferrol

  • Título orixinal: I mysi patrí do nebe
  • Ano: 2021
  • Duración: 86 minutos
  • Idioma orixinal: Francés
  • Dirección: Denisa Grimmová, Jan Bubenícek
  • Guión: Alice Nellis e Richard Malatinský, basada no libro de Iva Procházková
  • Música: Krzysztof A. Janczak
  • Fotografía: Animación, Radek Loukota
  • Produtora: Fresh Films, Les Films du Cygne, Animoon, CinemArt SK
  • Distribuidora: Pack Màgic
Premios do Cinema Europeo 2021 (nominado a mellor filme de animación)