Quién lo impide
- Estrea
 - +12
 
Quién lo impide
- Estrea
 - +12
 
Quién lo impide é unha chamada a transformar a percepción que temos sobre a adolescencia e a mocidade; a de aqueles que naceron a principios do século XXI e se fixeron maiores de idade en 2020; os que agora semellan culpables de todo á vez que ven diminuídas as súas esperanzas. Entre o documental, a ficción e o puro rexistro testemuñal, os mozos adolescentes móstranse tal e como son mais como poucas veces os vemos ou nos deixan velos: aproveitando a cámara de cinema para mostrar o mellor de si propios e devolvernos a confianza no futuro; dende a fraxilidade e a emoción, con humor, intelixencia, conviccións e ideas. Porque a mocidade que nos fala de amor, amizade, política ou educación non está a falar só do seu, senón do que nos importa sempre, a calquera idade. Quién lo impide é un filme sobre nós: sobre o que fomos, o que somos e o que seguiremos a ser.
O 14 de novembro a partir das 18:00 terá lugar un PASE ESPECIAL para celebrar o Día Internacional do Cinema Europeo. Ao finalizar a proxección retransmitiremos en directo un encontro con Jonás Trueba desde os Cinemas Golem de Madrid. Poderanse enviar preguntas ao director.
- Título orixinal: Quién lo impide
 - Ano: 2021
 - Duración: 220 minutos
 - Idioma orixinal: Español
 - Dirección: Jonás Trueba
 - Guión: Jonás Trueba
 - Elenco: Candela Recio, Pablo Hoyos, Silvio Aguilar, Pablo Gavira, Claudia Navarro, Marta Casado, Rony-Michelle Pinzaru, Javier Sánchez
 - Montaxe: Marta Velasco
 - Son: Eduardo Castro, Alex Marais, Pablo Rivas Leyva, Álvaro Tortajada
 - Música: Rafael Berrio, Alberto González, Andrei Mazga, Pablo Gavira
 - Fotografía: Jonás Trueba
 - Produtora: Los Ilusos Films (España)
 - Distribuidora: Atalante