Prefiro condenarme

  • Estrea
  • +12

Prefiro condenarme

  • Estrea
  • +12

A historia de mil caras de Sagrario, mariscadora na ría de Ferrol, atravesada pola ditadura e a transición, enfróntanos a unha nai díscola, unha esfera familiar en perpetuo desasosego e un xuízo por adultera aos 33 anos, en 1972, por mor da filla que ten co seu amante, un carpinteiro “digno de querer”. Como unha nova Antígona, Sagrario sitúase fóra da regra e coa súa desobediencia reclama a lei aínda non escrita á vez que o desexo. No fondo, a igualdade coas de “arriba” que ninguén critica.

Pase venres 22 ás 19:15, presentación coa directora Margarita Ledo, Sagrario Ribela e as actrices Iria Piñeiro e Melania Cruz.

Pase venres 22 ás 19:30 presentación e coloquio posterior coas mesmas participantes.

  • Título orixinal: Prefiro condenarme
  • Ano: 2024
  • Duración: 88 minutos
  • Idioma orixinal: Galego
  • Dirección: Margarita Ledo Andión
  • Elenco: Sagrario Ribela Fra, Nardo Beceiro Ribela, Melania Cruz, Mónica Camaño, Iria Pinheiro, Antón Lopo
Sevilla 2024 (mención especial na sección Nuevas Olas)