Os pasaxeiros da noite

  • Estrea
  • +12

Os pasaxeiros da noite

  • Estrea
  • +12

No París de 1981 respírase un aire de cambio e esperanza. Elisabeth acaba de separarse e deberá facer fronte á súa nova situación: manter aos seus dous fillos adolescentes e coidar de si mesma. Consegue traballo no programa de radio nocturno Os pasaxeiros da noite e alí coñecerá a Talulah, unha adolescente problemática e moi peculiar, á que decide acoller na súa casa. A influencia e o espírito libre da moza cambia a traxectoria das súas vidas para sempre.
Mikhäel Hers (A miña vida con Amanda, Venecia 2018) debuxa un retrato belamente detallado e matizado dunha familia parisiense. O papel (feito a medida) de Charlotte  Gainsbourg é o dunha nai que vai sendo reparada co tempo.

  • Título orixinal: Les passagers de la nuit
  • Ano: 2022
  • Duración: 111 minutos
  • Idioma orixinal: Francés
  • Dirección: Mikhaël Hers
  • Guión: Mikhaël Hers, Maude Ameline, Mariette Désert
  • Elenco: Charlotte Gainsbourg, Quito Rayon Richter, Noée Abita, Megan Northam, Thibault Vinçon, Emmanuelle Béart, Laurent Poitrenaux, Didier Sandre, Ophélia Kolb Kasapoglu, Calixte Broisin-Doutaz
  • Música: Anton Sanko
  • Fotografía: Sébastien Buchmann
  • Produtora: Nord-Ouest Films, arte France Cinéma
  • Distribuidora: Adso Films
Berlinale 2022 (sección oficial), Festival de Cine de Valladolid-SEMINCI (Premio Miguel Delibes ao Mellor Guión)