Onde máis doe

Onde máis doe

Despois de ameazar durante anos a súa ex parella, MM asasina a golpes de pala ao seu fillo de 11 anos. Un ano máis tarde, un Xurado Popular condénao por asasinati (matar facendo uso pleno das súas facultades mentais e determina que o crime contra o neno non buscaba outra cousa que castigar a nai. Que move a unha persoa en pleno uso das súas facultades a matar a un fillo? Por que o feito de que unha muller non se someta e intente actuar pola súa conta pode alentar un castigo tan brutal?

Sesión en colaboración coa asociación Fuco Buxán. O pase estará presentada e terá un coloquio posterior coa directora do documental Manane Rodríguez.

  • Título orixinal: Onde máis doe
  • Ano: 2022
  • Duración: 65 minutos
  • Idioma orixinal: Galego
  • Dirección: Manane Rodríguez
  • Guión: Manane Rodríguez
  • Montaxe: Vanessa García Sampedro
  • Música: Nani García
  • Fotografía: Lara Vilanova
  • Distribuidora: Xamalú Filmes
Málaga (Pase Especial) Ourense Film Festival Festival de Cinema Inclusivo de Vigo Atlantic Doc - Montevideo (Mención Especial da Prensa)