
O poder do cadelo
- Estrea
- +12
O poder do cadelo
- Estrea
- +12
Os ricos irmáns Phil (Cumberbatch) e George Burbank (Plemons) son as dúas caras da mesma moeda. Phil é elegante, xenial e cruel, mentres George é impasíbel, roñón e amábel. Xuntos son copropietarios dun enorme rancho en Montana. É un lugar onde a rápida modernización do século XX se mantén e no que a figura de Bronco Henry, o maior cowbow que Phil ten coñecido, é venerado. Cando George casa en secreto cunha viúva da vila, Rose (Dunst), Phil, sorprendido e furioso, leva a cabo unha guerra sádica e implacábel para destruíla por completo usando o seu afeminado fillo, Peter, como peón.
- Título orixinal: The Power of the Dog
- Ano: 2021
- Duración: 128 minutos
- Idioma orixinal: Inglés
- Dirección: Jane Campion
- Guión: Jane Campion (Novela: Thomas Savage)
- Elenco: Benedict Cumberbatch, Jesse Plemons, Kirsten Dunst, Kodi Smit-McPhee, Thomasin McKenzie, Frances Conroy, Keith Carradine
- Montaxe: Peter Sciberras
- Dirección de arte: Grant Major
- Vestiario: Kirsty Cameron
- Son: Dave Whitehead
- Música: Jonny Greenwood
- Fotografía: Ari Wegner
- Produtora: See-Saw Films, Max Films Productions, BBC Films, Brightstar Films, Max Films International, Cross City Films
- Distribuidora: Netflix
Venecia 2021 (León de prata - mellor dirección)


