Neve e as árbores máxicas

Neve e as árbores máxicas

Os catro relatos que compoñen este filme inician con Tigres en fila india, protagonizada por un neno moi preguiceiro que, co seu enxeño, porá as feras á súa mercé. N'O pequeno gromo cóntase a historia dunha nena e a súa tea máxica. One, two, tree narra as aventuras dunha árbore que un bo día bota a andar. Por último, en Neve uns nenos que van de excursión quedan inmobilizados por unha súpeta tormenta de neve, e Filemón descubrirá que unha familia de esquimós se instalou preto da súa casa.

Tigres en fila india (Tigres à la queue leu leu, Benôit Chieux, Francia, 8')
One, two, tree (Yulia Aronova, Francia, 7')
O pequeno brote (La petite pousse, Chaïtane Conversat, Francia-Suíza, 10')
Neve (Neige, Antoine Lanciaux & Sophie Roze, Francia, 28')

Entrada gratuíta a adquirir no despacho de billetes antes da proxección.

Co apoio da Concellaría de Cultura do Concello de Ferrol

  • Título orixinal: Neige et les arbres magiques
  • Ano: 2015
  • Duración: 51 minutos
  • Idioma orixinal: Danés
  • Dirección: Benoit Chieux
  • Produtora: Les Films de l’Arlequin
  • Distribuidora: Pack Màgic
SICAF 2015 (Premio Especial do Xurado), Ciné Junior París 2015 (Mellor Curtametraxe), KOT Moscova 2015 (Mención Especial)