Negro púrpura

  • Estrea
  • +12

Negro púrpura

  • Estrea
  • +12

Negro Púrpura retrata un dos lugares de maior produción a nivel mundial de claviceps purpurea, Galicia. Este fungo alucinóxeno, que brota nos cereais, ábrenos as portas dunha historia tan curiosa, sorprendente e descoñecida como importante no devir da cultura e a economía de Galicia ao longo do S.XX. Dende os campos de centeo ata as multinacionais farmacéuticas e a CIA; dende as pragas medievais, pasando pola medicina popular, ata o LSD. Historias esparexidas que nos deixan un gusto amargo a pan de centeo, historias que repercuten traspasados os océanos. Unha corteza que garda unha miga delirante.

  • Título orixinal: Negro púrpura
  • Ano: 2021
  • Duración: 82 minutos
  • Idioma orixinal: Galego
  • Dirección: Sabela Iglesias, Adriana P. Villanueva
  • Guión: Sabela Iglesias, Adriana P. Villanueva
  • Montaxe: Sabela Iglesias
  • Son: Adriana P. Villanueva
  • Música: Paulo Pascual
  • Fotografía: Pilar Abades
  • Produtora: Illa Bufarda
  • Distribuidora: Begin Again Films