Migas de pan

Migas de pan

Drama inspirado no relato de Liliana Pereira, unha ex presa política da última ditadura de Uruguai (1973-1985). A moza foi encarcerada no ano 1975 polas súas ideas, foi  torturada e perdeu a custodia do seu fillo. Anos despois, en 1982, Liliana decide volver ao seu país para enfrontarse ao seu pasado. Alí terá que elixir entre o que lle pide o seu corazón e o que lle dita a súa conciencia, e enfrontarase ao dilema de elixir entre a concordia co seu fillo e a denuncia colectiva que prepara un grupo de antigas compañeiras de presidio.

Pase único coa presenza da directora.

Sesión programada pola Asociación Cultural Fuco Buxán

  • Título orixinal: Migas de pan
  • Ano: 2016
  • Duración: 109 minutos
  • Idioma orixinal: Español
  • Dirección: Manane Rodríguez
  • Guión: Xavier Bermúdez, Manane Rodríguez
  • Elenco: Cecilia Roth, Justina Bustos, Ernesto Chao, Quique Fernández, Ulises Di Roma, Artur Trillo, Sonia Méndez, Patxi Bisquert, Margarita Musto, María Pujalte
  • Música: Paco Ibáñez, Andrés Stagnaro
  • Fotografía: Diego Romero
  • Produtora: Xamalú Filmes, RCI producciones
  • Distribuidora: Xamalú Filmes
Xixón 2016