Mary Poppins

Pase único 28 de abril

Mary Poppins

Londres, comezos de século XX. A vida dunha familia inglesa formada por un pai banqueiro, unha nai sufraxista e dous nenos rebeldes que pretenden chamar a atención dos seus pais facendo a vida imposible a todas as aias, verase alterada coa chegada de Mary Poppins, unha extravagante institutriz que baixa das nubes empregando o seu paraugas como paracaídas. Debut e Oscar para Julie Andrews neste clásico do cinema familiar que no seu día bateu récords no despacho de billetes. Unha aia máxica e cancións pegadizas que farán as delicias das crianzas da casa.

  • Título orixinal: Mary Poppins
  • Ano: 1964
  • Duración: 140 minutos
  • Idioma orixinal: Inglés
  • Dirección: Robert Stevenson
  • Guión: Bill Walsh, Don DaGradi. Baseado nas novelas de Pamela Lyndon Travers
  • Elenco: Julie Andrews, Dick Van Dyke, David Tomlinson, Glynis Johns
  • Música: Richard M. Sherman, Robert B. Sherman
  • Fotografía: Edward Colman
  • Distribuidora: Disney
Oscars 1965 (Mellor Actriz, Mellor Montaxe, Mellor Banda Sonora, Mellor Canción e Mellores Efectos Visuais), Globos de Ouro (Mellor Actriz Principal)