Lazzaro feliz

Lazzaro feliz

Lazzaro, un rapaz labrego de excepcional bondade, vive en La Inviolata, unha aldea que ficou afastada do mundo e é controlada pola Marquesa Alfonsina de Luna. Alí, a vida dos campesiños non mudou nada, son explotados e, á súa vez, abusan da bondade de Lazzaro. Un verán, faise amigo de Tancredi, o fillo da Marquesa. Entre eles xorde unha amizade tan preciosa que fará viaxar a Lazzaro a través do tempo e o levará a coñecer o mundo moderno.

  • Título orixinal: Lazzaro felice
  • Ano: 2018
  • Duración: 130 minutos
  • Idioma orixinal: Italiano
  • Dirección: Alice Rohrwacher
  • Guión: Alice Rohrwacher
  • Elenco: Adriano Tardiolo, Agnese Graziani, Luca Chikovani, Alba Rohrwacher, Sergi López, Natalino Balasso, Tommaso Ragno, Nicoletta Braschi, Leonardo Nigro
  • Montaxe: Nelly Quettier
  • Dirección de arte: Rachele Meliadò
  • Vestiario: Loredana Buscemi
  • Son: Christophe Giovannoni
  • Música: Lina Cardillo, Piero Crucitti
  • Fotografía: Hélène Louvart
  • Produtora: Tempesta, Amka Films Productions, Ad Vitam Production (Italia, Suíza, Francia, Alemaña)
  • Distribuidora: Vértigo Films
Cannes 2018 (Mellor guión ex-aequo), Sitges 2018 (Premio Especial do Xurado e do Xurado Mozo)