La misteriosa mirada del flamenco

  • Estrea
Estrea 16 de enero

La misteriosa mirada del flamenco

  • Estrea

A principios dos 80, nunha hostil vila mineira do deserto chileno, Lidia, unha nena de 11 anos, medra dentro dunha cariñosa familia queer. Cúlpaselles de ter unha misteriosa enfermidade que, segundo din na vila, transmítese a través dunha soa ollada, cando un home namora doutro. Neste western moderno, Lidia emprende unha procura de vinganza onde o amor podería ser o verdadeiro perigo e a familia o seu único refuxio.

  • Título orixinal: La misteriosa mirada del flamenco
  • Ano: 2025
  • Duración: 110 minutos
  • Idioma orixinal: Español
  • Dirección: Diego Céspedes
  • Guión: Diego Céspedes
  • Elenco: Tamara Cortés, Matías Catalán, Paula Dinamarca, Claudia Cabezas, Luis Dubó
  • Música: Florencia Di Concilio
  • Fotografía: Angello Faccini
  • Produtora: Quijote Films, Les Valseurs, Weydemann Bros Films, Wrong Men, Irusoin
  • Distribuidora: BTeam