Kung Fu Master

Kung Fu Master

Escrita por Agnès Varda e a súa amiga Jane Birkin e protagonizada polos fillos de ambas, Mathieu Demy e Charlotte Gainsbourg.

Un delicado pero atrevido drama sobre a familia, a adolescencia e a feminidade.
Mary-Jane é unha muller divorciada que ten dúas fillas. Na festa de aniversarios da maior coñece a Julien, un mozo de quince anos, compañeiro de clase da súa filla.

Entrada gratuíta a adquirir no despacho de billetes a partir do venres anterior á proxección. Máximo dúas entradas por persoa.

Co apoio da Concellaría de Cultura do Concello de Ferrol

  • Título orixinal: Kung Fu Master
  • Ano: 1988
  • Duración: 80 minutos
  • Idioma orixinal: Francés
  • Dirección: Agnès Varda
  • Guión: Agnès Varda, Jane Birkin
  • Elenco: Jane Birkin, Mathieu Demy, Charlotte Gainsbourg, Lou Doillon, Eva Simonet, Judy Campbell, Jane Birkin, Andrew Birkin
  • Música: Joanna Bruzdowicz
  • Fotografía: Pierre-Laurent Chénieux
  • Produtora: Ciné Tamaris, La Sept Cinéma
  • Distribuidora: Avalon
Berlinale 1988 (sección oficial)