Tándem Helena Wittmann: Human Flowers of Flesh

Tándem Helena Wittmann: Human Flowers of Flesh

Ida vive nun barco coa súa tripulación de cinco homes. En Marsella chámalle a atención o reservado mundo masculino da Lexión Estranxeira Francesa e decide seguir as súas pegadas polo Mediterráneo. Cando Ida e os seus mariñeiros viaxan a Córsega para dirixirse despois ao histórico cuartel da lexión en Alxeria, as fronteiras e as certitudes se difuminan mentres a vida na mar produce un especial tipo de comprensión mutua.

Pase único sábado 18 de marzo coa presenza da directora Helena Wittmann.

  • Título orixinal: Human Flowers of Flesh
  • Ano: 2022
  • Duración: 106 minutos
  • Idioma orixinal: Inglés
  • Dirección: Helena Wittmann
  • Guión: Helena Wittmann
  • Elenco: Angeliki Papoulia (Ida), Vladimir Vulevic (Vlad), Denis Lavant (Galoup), Ferhat Mouhali (Farouk), Mauro Soares (Mauro), Gustavo de Mattos Jahn (Carlos), Steffen Danek (Falco), Ingo Martens (Ingo)
  • Montaxe: Helena Wittmann
  • Vestiario: Anna Ostby
  • Son: Nika Son
  • Fotografía: Helena Wittmann
  • Distribuidora: Lost & Found
Locarno 2022 (sección oficial), Sevilla 2022 (Nuevas olas)