Happy Together

Happy Together

Lai Yiu-Kai e Ho Po-Wing viven unha apaixonada relación. Viaxan desde Hong Kong a Arxentina para comezar de cero unha nova vida, mais a chegada ao novo país semella transformar as cousas entre eles e Ho, de súpeto, abandona a Lai. Este comeza a traballar nun bar de tango, co único afán de reunir diñeiro abondo para volver ao seu país. Un día Ho reaparece, mais nada é xa como antes.

  • Título orixinal: 春光乍洩 - Chun gwong tsa sit
  • Ano: 1997
  • Duración: 98 minutos
  • Idioma orixinal: Cantonés
  • Dirección: Wong Kar Wai
  • Guión: Wong Kar Wai
  • Elenco: Leslie Cheung, Tony Leung Chiu-Wai, Gregory Dayton, Chang Chen, Shirley Kwan
  • Montaxe: William Chang, Ming Lam Wong
  • Dirección de arte: William Chang
  • Son: Chi-Tat Leung
  • Música: Danny Chung
  • Fotografía: Christopher Doyle
  • Produtora: Block 2 Pictures, Jet Tone Production (Hong Kong), Prénom H Co (Xapón), Seowoo Film Company (Corea do Sur)
  • Distribuidora: Avalon
Cannes 1997 (mellor director)