Eismayer

Eismayer

O Sarxento Maior Eismayer é o macho alfa do exército austríaco e o seu instrutor máis temido. E é precisamente esa fachada a que lle permite esconder a súa condición de homosexual, reprimida ao longo dos anos e en constante conflito coa súa concepción do que debe ser un soldado exemplar. E así transcorre a vida de Eismayer, ata que se namora de Falak, un recruta que vive a súa homosexualidade con total naturalidade, obrigándolle a poñer en cuestión o seu estilo de vida, os seus principios e os seus sentimentos. Baseada nunha historia de amor real.

  • Título orixinal: Eismayer
  • Ano: 2022
  • Duración: 87 minutos
  • Idioma orixinal: Alemán
  • Dirección: David Wagner
  • Guión: David Wagner
  • Elenco: Gerhard Liebmann, Luka Dimic, Julia Koschitz, Anton Noori
  • Fotografía: Serafin Spitzer
  • Produtora: Golden Girls Filmproduktion
  • Distribuidora: Surtsey Films