De nuevo otra vez

De nuevo otra vez

Romina volve á casa familiar despois de ser nai. Afastada do pai de Ramón, o seu fillo, refúxiase na casa da súa nai, Mónica. Alí vese mergullada na temporalidade da súa nai, dela como filla, e tenta dilucidar que desexa. De visita en Buenos Aires, Romina dá clases de alemán, tenta retomar a súa vida de solteira, saír de noite. Quere saber como era antes da experiencia do amor ao seu fillo. Precisa comprender quen é, retornando ás súas orixes e reconstruíndo algo da historia familiar. Debut na dirección da escritora, dramaturga e actriz Romina Paula.

  • Título orixinal: De nuevo otra vez
  • Ano: 2019
  • Duración: 84 minutos
  • Idioma orixinal: Español
  • Dirección: Romina Paula
  • Guión: Romina Paula
  • Elenco: Romina Paula, Esteban Bigliardi, Pablo Sigal, Mariana Chaud, Denise Groesman
  • Montaxe: Eliane D. Katz
  • Dirección de arte: Paula Repetto
  • Vestiario: Wanda Siri
  • Son: Mercedes Tennina
  • Música: German Cohen
  • Fotografía: Eduardo Crespo
  • Produtora: Varsovia Films (Arxentina)
  • Distribuidora: Begin Again Films
Donostia 2019 (Mellor Filme Latinoamericano), Rotterdam 2019 (Bright Future), CPH:DOX 2019 (Sección Oficial)