Courtroom 3H

Courtroom 3H

O Tribunal de Familia Unificado de Tallahasee (Florida) é un xulgado especializado en casos nos que hai menores implicados. É unha corte única nos EUA que se ocupa de asuntos relativos a pais e fillos. As familias entran nesta corte cando foron acusadas de abuso, abandono ou neglixencia cos menores. O obxectivo deste xulgado declarado pola Lei é reunificar as familias o antes que se poda e do xeito máis seguro. A fita inspírase nas palabras de James Baldwin: “Se un realmente desexa saber como se administra a xustiza nun país, achégase ao desprotexido e escoita o seu testemuño”.

  • Título orixinal: Courtroom 3H
  • Ano: 2020
  • Duración: 115 minutos
  • Idioma orixinal: Inglés
  • Dirección: Antonio Méndez Esparza
  • Guión: Antonio Méndez Esparza
  • Fotografía: Barbu Balasoiu, Santiago Oviedo
  • Produtora: Aquí y Allí Films (España), 9am Media Lab (Estados Unidos)
  • Distribuidora: Wanda Visión
Donostia 2020 (sección oficial)