Ciudad de la Selva: Fuxidos e Guerrilleiros nos montes de Casaio

Ciudad de la Selva: Fuxidos e Guerrilleiros nos montes de Casaio

Tras a guerra civil, o conflito permanece vivo en moitas partes do Estado. Casaio é un destes lugares nos que conflúen guerrilla, forzas franquistas, falanxistas, espías internacionais e aldeáns; pero o único no que persiste unha fronte física de batalla até o ano 1946.

Ciudad de la Selva conta a historia dos fuxidos do réxime franquista en torno á poboación galega de Casaio. Nestes montes exponse unha resistencia activa contra o fascismo grazas ao apoio de membros das comunidades locais, mentres son perseguidos polas forzas da Garda Civil. En Ciudad de la Selva exponse, a través dunha análise historiográfica, arqueolóxica e testemuños de protagonistas dos feitos, o estudo das causas que levaron a crear este enclave de resistencia, de igual modo que os medios dos que se valían para subsistir, como afectaban os seus actos aos civís da localidade ou o papel da muller dentro da guerrilla.

Pase único con presentación e coloquio co director, acompañado pola Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática.

  • Título orixinal: Ciudad de la Selva: Fuxidos e Guerrilleiros nos montes de Casaio
  • Ano: 2022
  • Duración: 67 minutos
  • Idioma orixinal: Galego
  • Dirección: Miguel Riaño, Ángel Holgado
  • Guión: Ángel Holgado
  • Montaxe: Thomas Harris
  • Música: Isabel Fernández Reviriego
  • Fotografía: Thomas Harris
  • Produtora: Metropolis.coop