Un cielo impasible

Un cielo impasible

Zona oeste de Madrid. Lugar onde aconteceu unha das batallas máis cruentas e mortíferas da Guerra Civil Española. Un grupo de adolescentes investiga, recita e debate sobre os testemuños dos soldados que loitaron durante eses terribles días e fan súas as vivencias dos veteranos e dos mortos. Mentres, a película muta, adáptase e vaise construindo a través da súa mirada: a dunha nova xeración que se abre ao diálogo e revisa criticamente a escola e a memoria histórica dun país en permanente polarización.

Pase único 25 de xaneiro ás 20:00 coa presenza do director David Varela. 

  • Título orixinal: Un cielo impasible
  • Ano: 2021
  • Duración: 81 minutos
  • Idioma orixinal: Español
  • Dirección: David Varela
  • Guión: David Varela
  • Elenco: Documental
  • Montaxe: David Varela
  • Fotografía: Raquel Fernández Núñez
  • Produtora: David Varela