Caras e lugares

Caras e lugares

A cineasta Agnès Varda e o fotógrafo JR percorren a xeografía francesa na furgoneta na que traballa o segundo, co obxectivo de coñecer xente coa que intercambiar ideas e de paso fotografar. Deste xeito, ambos artistas poderán desenvolver e ampliar a súa colección de imaxes e experiencias. JR e Varda coinciden con agricultores e unha vendedora.

Entrada gratuíta a adquirir no despacho de billetes a partir do venres anterior á proxección. Máximo dúas entradas por persoa.

Co apoio da Concellaría de Cultura do Concello de Ferrol

  • Título orixinal: Visages villages
  • Ano: 2017
  • Duración: 90 minutos
  • Idioma orixinal: Francés
  • Dirección: Agnès Varda, JR
  • Guión: Agnès Varda, JR
  • Participación: Jean-Luc Godard, JR, Laurent Levesque, Agnès Varda
  • Montaxe: Maxime Pozzi-Garcia, Agnès Varda
  • Son: Morgan Lanniel, Alan Savary, Pierre-Henri Thiebaut
  • Música: Mathieu Chedid
  • Fotografía: Roberto De Angelis, Claire Duguet, Julia Fabry, Nicolas Guicheteau, Romain Le Bonniec, Raphaël Minnesota, Valentin Vignet
  • Produtora: Arte France Cinéma, Ciné Tamaris, Social Animals (Francia)
  • Distribuidora: Baños Films
Oscar 2017 (Nomeado a mellor documental), Cannes 2017 (Sección oficial), Toronto 2017 (Mellor documental), Independent Spirit 2017 (Mellor documental), Cesar 2017 (Nomeado a mellor banda sonora e documental)