Blue Heron
- Off DUPLEX
- Estrea
- +12
Blue Heron
- Off DUPLEX
- Estrea
- +12
A finais dos anos 90, Sasha e a súa familia múdanse a unha nova casa na illa de Vancouver. Esta nova vida verase afectada polo comportamento cada vez máis impredicible de Jeremy, o fillo maior. Desesperados, os seus pais enfrontaranse a unha decisión complicada.
A partir dos seus propios recordos, a cineasta Sophy Romvari crea un retrato profundamente privado sobre a infancia, as rupturas familiares, a fraxilidade da memoria e sobre aquilo que levamos connosco.
A ópera prima de Sophy Romvari cativou á crítica dos Estados Unidos, que a sitúa como un dos mellores filmes do ano. Ademais, participou nos festivais de San Sebastián, Toronto e Locarno, gañando premios en todos eles.
- Título orixinal: Blue Heron
- Ano: 2025
- Duración: 91 minutos
- Idioma orixinal: Húngaro
- Dirección: Sophy Romvari
- Guión: Sophy Romvari
- Elenco: Eylul Guven, Iringó Réti, Ádám Tompa, Edik Beddoes
- Distribuidora: Flamingo Films