As margaridas

  • Estrea
  • +12

As margaridas

  • Estrea
  • +12

Cando o mundo parece estar botado a perder, dúas mozas incontrolables embárcanse nunha serie de trasnadas nas que nada —a comida, a roupa, os homes, a guerra— se toma en serio. Cunha vitalidade e desenvoltura que non ten límites, Marie I e Marie II matan o seu aburrimento aproveitándose de homes maiores que as convidan a deliciosos banquetes, sabotando espectáculos públicos e facendo cachizas todo o que se lles pasa pola cabeza, nunha odisea cada vez máis desenfreada e surrealista de enchentes, destrución vertixinosa, e resistencia antipatriarcal na Checoslovaquia dos anos 60.

Considerada unha das grandes obras do cinema feminista do último século, As MARGARIDAS é unha sátira rebelde e visualmente cegadora coa que Vera Chytilová desafiou todas as normas da época. Un filme adiantado ao seu tempo, por primeira vez en cinemas restaurado en 4K.

  • Título orixinal: Sedmikrásk
  • Ano: 1966
  • Duración: 76 minutos
  • Idioma orixinal: Checo
  • Dirección: Vera Chytilová
  • Guión: Vera Chytilová, Ester Krumbachová
  • Elenco: Jitka Cerhová, Ivana Karbanová, Julius Albert, Jan Klusák, Marie Cesková Jirina Mysková
  • Música: Jirí Slitr, Jirí Sust
  • Fotografía: Jaroslav Kučera
  • Produtora: Filmové Studio Barrandov
  • Distribuidora: Atalante
Cannes 2022 (Cannes Classics)