A vinganza dunha muller

A vinganza dunha muller

Roberto é vítima dun profundo fastío outonal, o de quen esgotou todos os praceres da vida. Un dandi, dirán uns; un libertino, dirán outros. Unha noite, de regreso aos salóns lisboetas tras unha longa viaxe, crúzase por azar cunha muller misteriosa, esposa dun dos homes máis ricos de España. Este inesperado encontro cunha historia de amor absoluto e crime atroz trastornará para sempre a súa visión do mundo.

Unha adaptación libre do relato homónimo incluído en Las diabólicas (1874), de Jules Barbey d'Aurevilly.

  • Título orixinal: A vingança de uma mulher
  • Ano: 2012
  • Duración: 104 minutos
  • Idioma orixinal: Portugués
  • Dirección: Rita Azevedo Gomes
  • Guión: Rita Azevedo Gomes [adaptación libre de «Las Diabólicas», de Barbey d’Aurevilly]
  • Elenco: Rita Durão, Fernando Rodrigues, Hugo Tourita, Duarte Martins, Francisco Nascimento, Marie Carré, João Pedro Bénard, Manuel Mozos, André Gomes, João Reis, Susana Moody, António Azevedo Gomes, Anna Leppänan e participación especial de Isabel Ruth
  • Montaxe: Patrícia Saramago
  • Dirección de arte: Pedro Sá
  • Son: Vasco Pimentel (rexistro), Joaquim Pinto, Nuno Leonel (deseño de son)
  • Fotografía: Acácio de Almeida
  • Produtora: C.R.I.M. Produções
  • Distribuidora: Atalante
Cinesul 2012 (Mellor longametraxe de ficción), Caminhos do Cinema Portugués 2012 (Mellor fotografía, dirección artística e vestiario), Sociedade Portuguesa de Autores 2013 (Mellor actriz —Rita Durão—), Cineport Festival de Cinema de Países de Língua Portuguesa 2014 (Mellor actriz —Rita Durão—). Seleccionada a competición en Rotterdam 2012, Jeonju 2012, Edinburgh 2012, Viennale 2012, MARFICI 2013 e BAFICI 2014.