A serea do Mississippi

A serea do Mississippi

Julie Roussel viaxa dende Francia á illa da Reunión para contraer matrimonio cun home ao que non coñece, pois só mantiveron unha relación epistolar. Trátase de Louis Mahé, o rico propietario dunha plantación de tabaco. Ao ver a súa moza, Louis fica sorprendido, pois é moito máis bela cá na fotografía, mais o seu entusiasmo impídelle deterse a pensar nesa estraña circunstancia.

  • Título orixinal: La sirène du Mississipi
  • Ano: 1969
  • Duración: 123 minutos
  • Idioma orixinal: Francés
  • Dirección: François Truffaut
  • Guión: François Truffaut (Novela: Cornell Woolrich)
  • Elenco: Jean-Paul Belmondo, Catherine Deneuve, Michel Bouquet, Nelly Borgeaud, Roland Thénot, Marcel Berbert
  • Montaxe: Agnès Guillemot
  • Dirección de arte: Claude Pignot
  • Vestiario: Yves Saint-Laurent
  • Son: René Levert
  • Música: Antoine Duhamel
  • Fotografía: Denys Clerval
  • Produtora: Les Films du Carrosse
  • Distribuidora: Avalon