A muller crucificada

A muller crucificada

Yukiko é unha estudante de música que, despois dun intento de suicidio, volve coa súa nai, Hatsuko, unha viúva que rexenta unha casa de geishas. O mozo doutor Matoba, que mantén un affaire con Hatsuko, séntese atraído por Yukiko. Ela, ao principio, rexéitao, pero os seus sentimentos van cambiando e chega mesmo a enfrontarse coa súa nai.

Entrada gratuíta a adquirir no despacho de billetes a partir do venres anterior á proxección. Máximo dúas entradas por persoa.

Co apoio da Concellaría de Cultura do Concello de Ferrol

  • Título orixinal: Uwasa no onna
  • Ano: 1954
  • Duración: 83 minutos
  • Idioma orixinal: Xaponés
  • Dirección: Kenji Mizoguchi
  • Guión: Yoshikata Yoda, Masashige Narusawa
  • Elenco: Kinuyo Tanaka, Tomoemon Otami, Yoshiko Kuga, Eitarô Shindô, Chieko Naniwa, Bontarô Miake, Haruo Tanaka, Hisao Toake, Michiko Ai, Sachiko Mine
  • Montaxe: Kanji Suganuma
  • Dirección de arte: Hiroshi Mizutani
  • Vestiario: Ayako Hasegawa
  • Son: Kyôichi Emura, Iwao Ôtani
  • Música: Toshirô Mayuzumi
  • Fotografía: Kazuo Miyagawa
  • Produtora: Daiei Studios (Xapón)
  • Distribuidora: Capricci Cine