Jean Eustache: A mamá e a puta

Jean Eustache: A mamá e a puta

Alexandre é un mozo burgués cínico e egoísta que viven en París. Atópase nunha fase nihilista da súa existencia: non estuda, non traballa e apenas se interesa polos libros ou pola música. O único que lle interesa son as mulleres e, ademais, vive a conta delas. Pouco a pouco vai formando con Marie e Veronika, a pesar da inicial resistencia de ambas, un atípico 'menage à trois" que, para el, é absolutamente satisfactorio porque representa un equilibrio entre o sexual, o maternal e o material. Ao mesmo tempo, é capaz de manterse á marxe dos sentimentos de frustración ou malestar que a súa conduta pode provocar nas súas amantes.

Entrada gratuíta coa colaboración do Concello de Ferrol. 

  • Título orixinal: La Maman et la Putain
  • Ano: 1973
  • Duración: 211 minutos
  • Idioma orixinal: Francés
  • Dirección: Jean Eustache
  • Guión: Jean Eustache
  • Elenco: Jean-Pierre Léaud, Françoise Lebrun, Bernadette Lafont, Jean Douchet, Isabelle Weingarten, Jacques Renard, Pierre Cottrell, Jean Eustache
  • Montaxe: Denise de Casabianca, Jean Eustache
  • Son: Nara Kollery, Paul Lainé, Jean-Pierre Ruh
  • Música: Wolfgang Amadeus Mozart
  • Fotografía: Pierre Lhomme, Jacques Renard, Michel Cenet
  • Produtora: Les Films du Losange, Elite Films, Simar Films, V.M. Productions
  • Distribuidora: Filmin
Festival de Cannes 1973 (Gran Premio do Xurado)