918 Gau

918 Gau

4 de outubro de 2007, Arantza, a directora do filme, é detida e levada a prisión. Daqueles días conserva algúns recordos: as interminables voltas polo patio, os campionatos de natación, o periplo carcerario de Rasha... Despois de pasar 918 noites pechada, Arantza sae á rúa. Agora ten unha vida por diante que continuar. Unha luz tenue, cos seus claros e escuros, alumea a relectura crítica do arquivo de imaxes e palabras que conserva. Seguir a narración supón abandonarse a unha historia de ritmo quebrado. A mirada de perfil dos seus personaxes recórdanos a invisibilidade das experiencia que buscan un lugar político desde o vulnerable, o imperfecto e o ousado.

Premio Latexos 06. Organiza Novos Cinemas e DUPLEX Cinema.

Pase presentado de xeito virtual pola directora Arantza Santesteban.

 

  • Título orixinal: 918 Gau
  • Ano: 2021
  • Duración: 65 minutos
  • Idioma orixinal: Euskaro
  • Dirección: Arantza Santesteban
  • Guión: Arantza Santesteban
  • Montaxe: Mariona Solé
  • Dirección de arte: Iker Álvarez
  • Son: Alazne Ameztoy
  • Fotografía: Maddi Barber
  • Produtora: Txintxua Films, Hiruki Filmak
  • Distribuidora: Begin Again
Novos Cinemas 2021 (premio Latexos), Torino Film Festival 2021 (Mellor Documental Internacional), Doclisboa 2021 (Premio Cidade de Lisboa a Mellor Filme da Sección de Competición Internacional), Festival Cinematográfico Internacional del Uruguay 2022 (Selección Oficial), DOK.fest München 2022 (Selección Oficial), L'Alternativa 2021 (Sección Oficial)