16 de decembro

16 de decembro

Sábado. Cae a noite. O balón móvese rápido dun lado ao outro. Os corpos procuran introducirse nos ocos que deixa a defensa. Lucía, vintecinco anos, sae de adestrar a balonmán e vai buscar o seu irmán en moto baixo as luces dunha cidade que cre coñecer.

 

Proxección especial co gallo do 25N - Día internacional da eliminación da violencia contra a muller. En colaboración con CIMA (Asociación de mujeres cineastas y de medios audiovisuales) e FECIGA (Federación de Cineclubs de Galicia).

Presentación e coloquio coa actriz Cris Iglesias.

  • Título orixinal: 16 de decembro
  • Ano: 2019
  • Duración: 14 minutos
  • Idioma orixinal: Galego
  • Dirección: Álvaro Gago
  • Guión: Álvaro Gago
  • Elenco: Cris Iglesias, Javier Valcarce, Fran Pérez, Diego Abal, Ruth Boente, Martín Duplá
  • Montaxe: Ricardo Saraiva
  • Dirección de arte: Alba Aguiar
  • Son: Xavier Souto
  • Música: Xavier Bértolo
  • Fotografía: Lucía C. Pan
  • Produtora: Ringo Media
  • Distribuidora: Marvin&Wayne
Locarno 2019